Thursday 19 de September de 2024

O Pico Sacro acollerá o do sábado 28 de setembro o espectáculo Camiño Máxico


O Pico Sacro acollerá o vindeiro sábado 28 de setembro, ás 21:00 horas, o espectáculo Camiño Máxico no Pico Sacro, da compañía Queiman e Pousa, apoiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe á mañá na presentación, acompañado polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e mais polo Bruxo Queiman. A entrada é libre e de balde. Este espectáculo musical-concerto está inspirado no propio Pico Sacro e narra a lenda do Apóstolo Santiago, da Raíña Lupa e de como Compostela se converteu en faro espiritual europeo.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, convida á veciñanza a asistir a este espectáculo xa que “vai ser unha noite máxica pois que mellor que o propio Pico Sacro para acoller este espectáculo de teatro e música folk-rock sobre a historia do Camiño de Santiago e as lendas en torno ao noso monte Ilicino”.

Deja un comentario